Máster Universitario en Enxeñaría Informática

O Máster Universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo ten como obxectivo primordial a preparación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da Enxeñaría Informática.

Este Máster ten unha carga docente de 90 ECTS, impártese durante tres cuadrimestres (un curso e medio), e ten tres orientacións ou intensificaciones cun elevado nivel de empleabilidad na contorna socioeconómica galega e nacional.

Información

Dende aquí podes consultar información adicional e máis extensa (memoria, especialidades, sistema de calidade,...) sobre o máster MEI que imparte a Escola Superior de Enxeñeria Informática.

Információn rápida sobre o Máster
Información do Máster na web da ESEI
FAQ

¿Por qué che interesa cursar este Máster?. En pouco tempo poderás obter (ou actualizar a túa titulación) o grado superior de Máster. Infórmate dos posibles camiños que tes.

Ir a FAQ
Becas Abbilia Máster

Iniciativa de Optare Solutions para o alumnado de 4º grado da Universidade de Vigo que se atopen cursando o grado de Enxeñería Informática (Campus de Ourense).

Máis información das becas

Información

Consulta a información máis relevante de forma rápida (acceso, perfil de acceso, complementos formativos, alumnado extranxeiro, criterios de valoración, ligazóns de interés, etc).

ACCESO Ó MASTER

Poderán acceder ao master aqueles alumnos que estén en disposición dun dos seguintes títulos académicos:

  • - Grao en Informática
  • - Enxeñería Téc. en Informática de Xestión, Enxeñería Téc. en Informática de Sistemas ou Diplomado en Informática
  • - Enxeñería ou Licenciatura en Informática
  • - Títulos de Grao da rama de Arquitectura e Enxeñería
  • - Títulos de Grao da rama de Ciencias
  • - Outros títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao EEES sin necesidade de homologación dos mesmos

PERFIL DE INGRESO

Aínda que se permite a formación de diversos colectivos, existen dous prefiles de ingreso fundamentais:

  • 1) Persoas que se atopen en disposición do título de Grao en Enxeñería informática e que desexen continuar os estudios para obter unha titulación de segundo ciclo.
  • 2) Alumnos que se atopen en disposición de distintos títulos LRU relacionados coa informática (Enxeñeiro Técnico en Informática, Diplomando en Informática, Enxeñeiro en Informática ou Licenciado en Informática) e que desean transformar o seu título para adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo Espazo Superior de Educación Europeo.

Criterios de valoración

O ordeamento da entrada de estudiantes farase mediante a nota media do expediente académico do título de acceso.

Complementos formativos

Si eres graduado en Enxeñaría Informática ou Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, non tes que cursar complementos formativos. Noutros casos será a Comisión Académica a que determine si se deben cursar ata 48 créditos ECTS, con carácter previo de complementos formativos ou non.

Tempo
parcial

Permitirase a matrícula a tempo parcial únicamente a aqueles alumnos que demostren documentalmente algunha das condicións seguintes:

  • a) ser traballadores en activo,
  • b) estar cursando outra titulación universitaria o
  • c) situacións excepcionais que valorará a Comisión Académica do Máster.

Alumnado extranxeiro

Tal como se comentou anteriormente, cando se acceda dende un título non homologado, a Universidade de Vigo comprobará que dito título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso ás ensinanzas de posgrao.

Plan de estudios

Un plan de estudios adaptado as necesidades de hoxe: 90 créditos ECTS, prácticas profesionais en empresas, proxecto fin de Máster, posibilidade de escoller orientación, etc.

CURSO 1 - CUADRIMESTRE 1

No contexto da economía global actual, as empresas actuais deben buscar constantemente métodos e accións que permitan incrementar a sua capacidade competitiva e, deste xeito, sobrevivir. Neste sentido a enxeñería de coñecemento é cada vez máis popular en negocios como a distribución comercial, seguros, análise de risco en banca, etc.

Esta materia realiza unha análise práctica e aplicada das tecnoloxías de analise do coñecemento para a súa aplicación á mellora competitiva empresarial.

As certificacións profesionais son o instrumento de garantía de adquisición de competencias máis empleado polos profesionais actuais unha vez rematada a etapa académica. Algunhas destas acreditacións expedidas por empresas de gran relevancia gañaron moita popularidade nos últimos anos (Cisco, Microsoft, Oracle ou VMWare).

Os contidos desta materia equipáranse cos módulos terceiro e cuarto do curriculum CISCO CCNA Exploration nos que se imparte formación sobre encamiñamento intermedio e conmutación así como teoría de redes WAN. Por outra banda, esta materia será impartida por instructores CISCO.

Nos últimos anos, a Dirección e Xestión de Proxectos foi recoñecida como unha profesión independente dentro da estrutura organizacional. Esta profesión conta cos seus propios colexios e organizacións (www.pmi.org ou www.ipma.ch) e con un crecente corpo de técnicas e ferraamentas, habilidades, competencias e procedementos.

Nesta materia esporanse e adquiriranse as competencias sobre Dirección e Xestión de Proxectos establecidas no Project Management Institute e que son a base dos coñecementos e habilidades necesarias para a obtención da Certificación Internacional PMI.

A industria de contidos dixitais representa máis da metade da facturación total dos contidos e servizos audiovisuais que se consumen no noso país. Segundo o Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade, o 93% do negocio corresponde aos videoxogos, no cal, estase experimentando un gran crecemento do contido online debido ao ocio interactivo baseado na “nube”. Estes contidos interactivos teñen unha gran compoñente gráfica.

Nesta materia presentaranse as tecnoloxías máis punteiras para a creación, edición e distribución de contidos gráficos interactivos independentemente do dispositivo e de si o contido é online ou non.

As aplicacións de xestión empresarial forman parte do núcleo das medianas e grandes empresas do noso país, así como as Administracións públicas. O deseño e implementación destas aplicacións e a explotación da información mediante business inteligence son unhas das disciplinas máis demandada por estas empresas que manexan grandes volumes de información.

Esta materia capacita ao alumno para estas tarefas, mediante a realización práctica deste tipo de proxectos software, seguido metodologías áxiles e programando con frameworks empresariais punteiros (Java EE, Hibernate, ZK Framework, JSF,...), así como no uso eficaz de ferramentas de business inteligence.

CURSO 1 - CUADRIMESTRE 2

Unha boa parte da facturación das empresas TIC galegas provén dos contratos con administracións públicas e grandes empresas acadados mediante os procesos de licitación pública ou privada. Actualmente, para plantexar con éxito unha oferta neste tipo de procesos é necesario implementar metodoloxías de calidade dos procesos e contar con certificacións dos mesmos xa que é habitual que formen parte dos requisitos de participación ou dos criterios de avaliación das ofertas.

Esta materia conten a formación para que o alumno entenda a necesidade da calidade nos procesos e a súa implantación sendo posible a amplicación da formación neste ámbito cursando o módulo de Calidade de Procesos e Servizos Informáticos do segundo curso.

Con certa frecuencia, a prensa fainos partícipes de incidencias informáticas polas que é posible ser víctima roubos ou enganos.

Estas incidencias teñen un impacto negativo na imaxe das empresas e derivan en moitos casos en responsabilidades legais. Esta materia invita ao alumno a facer un percorrido ámplo sobre as principais áreas de seguridade dos sistemas informáticos e as súas solucións.

Hoxe en día, a capacidade competitiva das empresas, especialmente daquelas relacionadas co sector das TIC, está decisivamente condicionada pola forma en que dirixen e xestionan a innovación tecnolóxica.

Esta materia pretende axudar aos alumnos a adquirir os coñecementos, capacidades e habilidades básicas para poder levar a cabo unha análise das necesidades tecnolóxicas da organización, tendo en conta a posición da competencia, o estudo da contorna, así como os recursos públicos e privados que poida obter por parte do sistema de I+D+I. A materia debe contribuír, en especial, a que os alumnos comprendan a necesidade de fomentar a cultura da innovación na organización.

O crecemento da demanda de alta capacidade de computación e o aumento dos recursos hardware están a provocar a popularización de entornos de computación numérica paralela. Dentro deste campo podemos destacar plataformas de desenvolvemento como MPI, OpenMP ou CUDA. Por outra banda, o desenvolvemento de grandes sitios web cunha alta demanda de usuarios (como algunhas redes sociais ou buscadores) introduciu na World Wide Web necesidade de desenvolver técnicas para combinar a potencia computaciónal distribuida por varios equipos informáticos. Este feito alimentou a popularidade de produtos de computación distribuída con propositos dispares como Mysql Cluster, Apache Cassandra, HAProxy, Apache Hadoop, LinuxHA, etc.

Esta materia presenta un paseo práctico polas distintas ferramentas e tecnoloxías empregadas para a construcción deste tipo de sistemas.

Non se pode concebir ningún sistema web actual sen mencionar conceptos e tecnoloxías como Mashups, Ajax, CSS ou frameworks como jQuery o MooTools. Coñecer e manexar este tipo de tecnoloxías de integración permitirá a creación de aplicacións web máis atractivas.

Esta materia fai un repaso das tecnoloxías habituais para o desenvolvemento de sistemas web de gran calidade.

CURSO 2

Deberase escoller unha das seguintes ramas:

SEGURIDADE INFORMÁTICA EN SISTEMAS EN REDES
Seguridade e redes
Seguridade e administración de sistemas operativos

INVESTIGACIÓN EN ENXEÑERIA INFORMÁTICA
Liñas de investigación e informática
Ferramentas básicas para a investigación

DESENVOLVEMENTO DE GRANDES SISTEMAS SOFTWARE
Xestión da configuración do software
Enxeñeria de sistemas de información

Realización do Proxecto Fin de Máster.

Realización das prácticas profesionais obrigatorias en empresas.

Toda a información do plan de estudios completa e ampliada pode consultala na sección do Máster da web da E.S. de Enxeñería Informática.

Horarios

Un horario uniforme para que o máximo número de estudiantes ou profesionais que desexen realizar os estudos de máster poidan compatibilizalo con outras actividades que esten desenvolvendo.

Todas as clases desenvolveránse en horario de tarde entre as 17:00h e as 20:30.

Docentes

O profesorado do Máster en Enxeñaría Informática está formado por un grupo de docentes con amplia experiencia académica, investigadora e de desenvolvemento de proxectos profesionais. Por outra banda, tamén contaremos con varios conferenciantes externos de recoñecido prestixio.

Docente a tempo completo na Universidade de Vigo dende o ano 2000, , impartindo docencia en diferentes titulacións do campus de Ourense. Conta con 4 quinquenios recoñecidos, tendo dirixido mais de 70 Proxectos Fin de Carreira, Traballos Fin de Mestrado e Traballos Fin de Grao. É autora de 9 libros de carácter docente. A investigadora conta con 2 sexenios de investigación recoñecidos polo CNAI (2007-2012; 2013-2018). Dirixiu 2 teses de doutoramento, e actualmente dirixe 4 teses de doutoramento. Autora de 41 traballos científicos que foron obxecto dun total de 345 citas procedentes de 318 publicacións distintas.


988 387 028

Experto na creación de contidos dixitais e a súa adaptación para distintos canles de distribución así como a creación de ferramentas 3D. É autor de distintos proxectos neste ámbito realizados en colaboración con empresas e institucións públicas como Ourense 3D, Industria Cultural Galicia-Norte de Portugal ou Sketch Arm.


988 387 017

Enxeñeiro de Telecomunicacións e doutorado pola Universidade de Vigo logo do programa de doutoramento en Enxeñaría Telemática. Entre 1997 e 2007 traballou como Enxeñeiro de Sistemas e Redes en empresas como Bosch Telecom, Airtel Móbil, Fujitsu ICL e Visual Microsystems S.A. Dende 2007 é membro a tempo completo do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automatización. As súas liñas de investigación e docencia inclúen Redes de Computadores, Redes Industriais, Sistemas de Control con atrasos e Comunicacións Intervehicular.


988 387 034

Profesora Titular de Universidad da Universidade de Vigo. Sua traxectoria profesional comenzou como programadora na empresa SoftGal S.L empresa na que desempeñou labores de programadora, analista e xefe de proxecto durante varios anos. No referente as tareas de xestión académica, ocupou durante varios anos cargo de subdirectora e secretaria da Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) e participou en diversos órganos colexiados tanto da Universidade de Vigo (Xunta de Goberno, Claustro, Comisiones) como do propio centro.


988 387 008

Experta en Migración e integración de fontes de datos heteroxéneas a gran escala, sistemas de Data Warehousing e procesamento analítico, proceso de web-clickstreams e minería dos perfís de navegación. Ten levado a cabo seis proxectos neste ámbito con empresas de distintos sectores.


988 387 013

Doutora Europea en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. Experta no ámbito da Xestión da Innovación e o Emprendemento. Foi Promotora e Coordinadora do Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa e Directora da Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores da Universidade de Vigo.


988 368 741

Experta en Redes de computadores, ten experiencia profesional como administradoras de redes LAN e é instructora Cisco CCNA.


988 387 017

Experto en integración de sistemas, deseño e implementación de frameworks. Colabora actualmente nun proxecto de integración de sistemas co Servicio Galego de Saúde (SERGAS). É autor do framework de desenvolvemento rápido de aplicacións AIBench.


988 387 027

Durante máis de dez anos ven levando a cabo a sua actividade docente no ámbito multimedia, deseño e programación. Actividade que compatibiliza como profesional freelance no deseño e creación web, desenvolvendo multitude de proxectos de carácter interactivo e multimedia neste medio.


988 387 010

Experto en Admisnitración de Sistemas Informáticos, ten desenvolvido a súa actividade profesional en Empresa, Administración Pública e como profesional autónomo. Colabora en proxectos de mellora con empresas como Ultreia Comunicaciones ou Redegal en proxectos de mellora de filtros antispam.


988 387 015

Experto en Planificación de Sistemas de Información e e-learning, poñente do grupo Wisdom Europeo para Planificación de Sistemas de Información; profesor invitado en varias universidades europeas e americanas para Planificación de Sistemas de Información, e-learning, HCI e e-learning; vicepresidente de AISTI (Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información), membro directivo de ADIE (Asociación para o desenrolo da Informática Educativa), e membro de AIPO, ACM e IEEE. Dirixeu máis de 100 proxectos con empresas no ámbito da Informática.


988 387 012

Experiencia docente no campo da seguridade informática e da xestión de centros de datos. Colaboración en proxectos de investigación con empresas no campo da xestión documental. Experiencia no despregue de entornos de procesamento masivo de datos textuais e de aprendizaxe sobre entornos distribuidos virtualizados.


988 387 024

Primeiro presidente da Asociación de Licenciados, Enxeñería e Doutores en Informática de Galicia. Conta con formación académica de Executive MBA (Universidad de Nebrija) e Diploma en Dirección de Proxectos Europeos. Dirixeuo varios proxectos nacionales de I+D+i con empresas españolas.


988 387 020

Desempeña os cargos de vocal da xunta directiva e presidente da comisión de formación do Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia (CPEIG). Ademáis é secretario do Cluster TIC de Galicia. No ámbito da traferencia do coñecemento ao sector privado ten participado e dirixido distintos proxectos nos ámbitos da sensorización intelixente, sistemas de información xeográfica e sistema de información empresarial tanto nos sectores de contidos dixitais como no ámbito da industria hortofutícula con un montante total en torno aos 800 mil euros.


988 387 002

Experto en deseño e desenvolvemento de aplicacións Web e para Internet. Actualmente participa no desenvolvemento de diversas aplicacións bioinformáticas de carácter traslacional, nas que destaca o uso de aprendizaxe automático (p.ex. GeneCommittee) ou a integración de aplicacións (p.ex. ADOPS).


988 387 027

Imparto docencia na ESEI desde o 17/08/2000, tanto en Grao e Master como en Doutoramento. Anteriormente impartín docencia nas universidades UPM desde 1988 ata 1993 e na UCM desde 1993 ata 2000. Os contidos impartidos abarcan materias en Enxeñaría de Software, Intelixencia Artificial ou Fundamentos de Programación entre outras; e na actualidade conto con 6 Quinquenios de docencia recoñecidos.


988 387 014

Máis de 20 de años de experiencia en docencia teórico-práctica en diversas materias de primeiro, segundo e terceiro ciclo, correspondentes a distintas Licenciaturas e Enxeñarías, así como en materias de grao e mestrado.


988 387 012




FAQ

Tanto si estas facendo os teus estudos de grao, ou dunha licenciatura/enxeñería superior, ou si tes unha titulación anterior os plans de Bolonia, tes moitas alternativas para acadar una titulación de Máster do EEES (Espacio Europeo de Educación Superior). Se desexas máis información, non dubides en contactar con nós e asesorámoste a escoller a mellor elección para tí.

Preguntas frecuentes

  • Teño un título de grao ou ETIX pola Uvigo, como obteño o máster?

    Tendo unha titulación de grao ou de Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, obtes a titulación do Máster cursando os 90 ECTS.

  • Teño un título de enxeñeiro téc./superior ou licenciatura/diplomatura, qué implica?

    Neses casos, además de cursar os 90 créditos ECTS debes cursar 30 créditos de complementos formativos.

  • Teño experiencia laboral, de qué me pode servir?

    En calquer caso da titulación que teñas, a experiencia laboral podes convalidala por prácticas curriculares.

  • Podo convalidar asignaturas da miña titulación?

    No caso de ter unha titulación de enxeñeiro técnico ou diplomatura (non EEES), non se pode convalidar nada pola titulación de acceso. Sí poderá convalidarse no caso de ter un título de enxeñeiro superior ou licenciatura (non EEES), pero sempre que encaixen no plan de adaptacións.

  • Teño comezado un ciclo superior que non rematei, serve de algo?

    Poderías convalidar asignaturas que xa cursaste, tanto por complementos como asignaturas no Máster.

Consulta de forma gráfica o teu caso

  • Teño unha titulación de grao
  • Teño unha enx. téc. ou diplomatura
  • Teño unha enx. sup. ou licenciatura