A túa formación é o teu futuro
E.S. de Ingeniería Informática


O Máster Universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo ten como obxectivo primordial a preparación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da Enxeñaría Informática.

Este Máster ten unha carga docente de 90 ECTS, impártese durante tres cuadrimestres (un curso e medio), e ten tres orientacións ou intensificaciones cun elevado nivel de empleabilidad na contorna socioeconómica galega e nacional.




¿Que é Bolonia?

Infórmate de todas os cambios e connotacións sobre os plan de estudios actuales.


Ir á web do Ministerio de Educación

Máster en Enxeñería Informática

Información adicional e máis extensa (memoria, especialidades, sistema de calidade,...) sobre o máster MEI que imparte a Escola Superior de Enxeñeria Informática


E.S. de Enxeñería Informática
Vídeo da ESEI

FAQ

¿Por qué che interesa cursar este Máster?. En pouco tempo poderás obter (ou actualizar a túa titulación) o grado superior de Máster.


Ir á FAQ

Preinscríbete xa!!

O primeiro prazo de preinscrición e o 26 e 27 de xullo de 2016. O segundo prazo do 26 ó 28 de setembro de 2016.


Facer a preinscrición !



90 CRÉDITOS ECTS
25 PLAZAS

Curso 2016/2017
Matrícula a tempo completo ou parcial



ACCESO Ó MÁSTER

Poderán acceder ao master aqueles alumnos que estén en disposición dun dos seguintes títulos académicos:

- Grao en Informática
- Enxeñería Téc. en Informática de Xestión, Enxeñería Téc. en Informática de Sistemas ou Diplomado en Informática
- Enxeñería ou Licenciatura en Informática
- Títulos de Grao da rama de Arquitectura e Enxeñería
- Títulos de Grao da rama de Ciencias
- Outros títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao EEES sin necesidade de homologación dos mesmos

Ver táboa de convalidacións



Títulos de Grao da rama de Arquitectura e Enxeñería: En base ao establecido no Anexo I da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto- 2009), da Secretaría Xeral de Universidades, os alumnos que proveñan das titulacións da Rama de Arquitectura e Enxeñería deberán acreditar ter cursado o módulo de formación básica e o módulo común á rama, aínda non cubrindo un bloque completo do módulo de tecnoloxía específica e sí 48 créditos dos ofertados no conxunto dos bloques de dito módulo dun título de grao vinculado co exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Informática.

Títulos de Grao da rama de Ciencias: os alumnos que proveñan de titulacións da rama de Ciencias, a Comisión académica establecerá os complementos formativos previos que deberá acreditar o solicitante segundo cada caso, en función da titulación de orixe.

Outros títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao EEES sin necesidade de homologación: A Universidade de Vigo comprobará que dito título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiaies españois e que ditto título faculta no país expedidor, para o acceso ás ensinanzas de posgrao (de acordo co Real Decreto 1393/2007).


PERFIL DE INGRESO

Aínda que se permite a formación de diversos colectivos, existen dous prefiles de ingreso fundamentais:

1) Persoas que se atopen en disposición do título de Grao en Enxeñería informática e que desexen continuar os estudios para obter unha titulación de segundo ciclo

2) Alumnos que se atopen en disposición de distintos títulos LRU relacionados coa informática (Enxeñeiro Técnico en Informática, Diplomando en Informática, Enxeñeiro en Informática ou Licenciado en Informática) e que desean transformar o seu título para adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo Espazo Superior de Educación Europeo.


Segundo o indicado no apartado 3 do Anexo I da Resolución de 8 de xuño de 2009 (BOE 4-agosto-2009), da Secretaría Xeral de Universidades, o Máster en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental que o estudante, ao finalizar os seus estudos, desenvolvese as seguintes capacidades:

1) Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da Enxeñaría Informática.

2) Capacidade para a dirección de obras e instalacións de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e asegurando a calidade do servizo.

3) Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.

4) Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría en Informática.

5) Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais.

6) Capacidade para a dirección xeral, dirección técnica e dirección de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da Enxeñaría Informática.

7) Capacidade para a posta en marcha, dirección e xestión de procesos de fabricación de equipos informáticos, con garantía da seguridade para as persoas e bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.

8) Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos.

9) Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontología profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro en Informática.

10) Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da Informática.


PARA AFRONTAR OS ESTUDOS

Bolsas para alumnos en niveis postobligatorios do M. Educ. e Ciencia.

Bolsas de colaboración do M. Educ. e Ciencia.

Outras axudas do M. Educ. e Ciencia.

Axudas específicas da Universidade de Vigo: Dentro do apartado VI das axudas propias da Universidade de Vigo contémplanse axudas específicas para a colaboración con grupos de investigación.


PARA COMPATIBILIZAR CON ACTIVIDADES LABORAIS

Permiso Individual de Formación (PIF): Todos os traballadores dispoñen de hasta 200 horas/ano para recibir formación acreditada oficialmente durante a súa xornada laboral.


MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O MÁSTER EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Máis información sobre o Máster na web da E.S. de Enxeñería Informática
Acceso ós documentos da Memoria do Máster e o Sistema de Garantía de Calidade

OFERTAS DE EMPREGO EN ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Ofertas de emprego relacionadas coa formación do Máster (Infojobs)
Ofertas de emprego relacionadas coa formación do Máster (Tecnoempleo)


CRITERIOS DE VALORACIÓN

O ordeamento da entrada de estudiantes farase mediante a nota media do expediente académico do título de acceso


COMPLEMENTOS FORMATIVOS

No caso de alumnos que accederan mediante as titulacións de Enxeñería Técnica en Informática de Xestión, Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas e Diplomado en Informática, estes deben cursar 30 créditos ECTS que poderán ser obtidos cursando asignaturas obligatorias Grao en Informática pola Universidade de Vigo. Consulta a FAQ para máis información si estás nun destes casos.


TEMPO PARCIAL

Permitirase a matrícula a tempo parcial únicamente a aqueles alumnos que demostren documentalmente algunha das condicións seguintes: a) ser traballadores en activo, b) estar cursando outra titulación universitaria o c) situacións excepcionais que valorará a Comisión Académica do Máster.


ALUMNADO ESTRANXEIRO

Tal como se comentou anteriormente, cando se acceda dende un título non homologado, a Universidade de Vigo comprobará que dito título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso ás ensinanzas de posgrao (de acordo co Real Decreto 1393/2007).


COLEXIO PROFESIONAL DE ENXEÑARÍA EN INFORMÁTICA

O Máster conta coa colaboración e apoio do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

Ver máis información do Colexio Profesional



ADAPTADO AS NECESIDADES
PROFESIONAIS DE HOXE

90 créditos ECTS, prácticas profesionais en empresas, proxecto fin de Máster, posibilidade de escoller orientación,...

CURSO 1

CUADRIMESTRE 1


No contexto da economía global actual, as empresas actuais deben buscar constantemente métodos e accións que permitan incrementar a sua capacidade competitiva e, deste xeito, sobrevivir. Neste sentido a enxeñería de coñecemento é cada vez máis popular en negocios como a distribución comercial, seguros, análise de risco en banca, etc.

Esta materia realiza unha análise práctica e aplicada das tecnoloxías de analise do coñecemento para a súa aplicación á mellora competitiva empresarial.

As certificacións profesionais son o instrumento de garantía de adquisición de competencias máis empleado polos profesionais actuais unha vez rematada a etapa académica. Algunhas destas acreditacións expedidas por empresas de gran relevancia gañaron moita popularidade nos últimos anos (Cisco, Microsoft, Oracle ou VMWare).

Os contidos desta materia equipáranse cos módulos terceiro e cuarto do curriculum CISCO CCNA Exploration nos que se imparte formación sobre encamiñamento intermedio e conmutación así como teoría de redes WAN. Por outra banda, esta materia será impartida por instructores CISCO.

Nos últimos anos, a Dirección e Xestión de Proxectos foi recoñecida como unha profesión independente dentro da estrutura organizacional. Esta profesión conta cos seus propios colexios e organizacións (www.pmi.org ou www.ipma.ch) e con un crecente corpo de técnicas e ferraamentas, habilidades, competencias e procedementos.

Nesta materia esporanse e adquiriranse as competencias sobre Dirección e Xestión de Proxectos establecidas no Project Management Institute e que son a base dos coñecementos e habilidades necesarias para a obtención da Certificación Internacional PMI.

A industria de contidos dixitais representa máis da metade da facturación total dos contidos e servizos audiovisuais que se consumen no noso país. Segundo o Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade, o 93% do negocio corresponde aos videoxogos, no cal, estase experimentando un gran crecemento do contido online debido ao ocio interactivo baseado na “nube”. Estes contidos interactivos teñen unha gran compoñente gráfica.

Nesta materia presentaranse as tecnoloxías máis punteiras para a creación, edición e distribución de contidos gráficos interactivos independentemente do dispositivo e de si o contido é online ou non.

As aplicacións de xestión empresarial forman parte do núcleo das medianas e grandes empresas do noso país, así como as Administracións públicas. O deseño e implementación destas aplicacións e a explotación da información mediante business inteligence son unhas das disciplinas máis demandada por estas empresas que manexan grandes volumes de información.

Esta materia capacita ao alumno para estas tarefas, mediante a realización práctica deste tipo de proxectos software, seguido metodologías áxiles e programando con frameworks empresariais punteiros (Java EE, Hibernate, ZK Framework, JSF,...), así como no uso eficaz de ferramentas de business inteligence.

CUADRIMESTRE 2


Unha boa parte da facturación das empresas TIC galegas provén dos contratos con administracións públicas e grandes empresas acadados mediante os procesos de licitación pública ou privada. Actualmente, para plantexar con éxito unha oferta neste tipo de procesos é necesario implementar metodoloxías de calidade dos procesos e contar con certificacións dos mesmos xa que é habitual que formen parte dos requisitos de participación ou dos criterios de avaliación das ofertas.

Esta materia conten a formación para que o alumno entenda a necesidade da calidade nos procesos e a súa implantación sendo posible a amplicación da formación neste ámbito cursando o módulo de Calidade de Procesos e Servizos Informáticos do segundo curso.

Con certa frecuencia, a prensa fainos partícipes de incidencias informáticas polas que é posible ser víctima roubos ou enganos.

Estas incidencias teñen un impacto negativo na imaxe das empresas e derivan en moitos casos en responsabilidades legais. Esta materia invita ao alumno a facer un percorrido ámplo sobre as principais áreas de seguridade dos sistemas informáticos e as súas solucións.

Hoxe en día, a capacidade competitiva das empresas, especialmente daquelas relacionadas co sector das TIC, está decisivamente condicionada pola forma en que dirixen e xestionan a innovación tecnolóxica.

Esta materia pretende axudar aos alumnos a adquirir os coñecementos, capacidades e habilidades básicas para poder levar a cabo unha análise das necesidades tecnolóxicas da organización, tendo en conta a posición da competencia, o estudo da contorna, así como os recursos públicos e privados que poida obter por parte do sistema de I+D+I. A materia debe contribuír, en especial, a que os alumnos comprendan a necesidade de fomentar a cultura da innovación na organización.

O crecemento da demanda de alta capacidade de computación e o aumento dos recursos hardware están a provocar a popularización de entornos de computación numérica paralela. Dentro deste campo podemos destacar plataformas de desenvolvemento como MPI, OpenMP ou CUDA. Por outra banda, o desenvolvemento de grandes sitios web cunha alta demanda de usuarios (como algunhas redes sociais ou buscadores) introduciu na World Wide Web necesidade de desenvolver técnicas para combinar a potencia computaciónal distribuida por varios equipos informáticos. Este feito alimentou a popularidade de produtos de computación distribuída con propositos dispares como Mysql Cluster, Apache Cassandra, HAProxy, Apache Hadoop, LinuxHA, etc.

Esta materia presenta un paseo práctico polas distintas ferramentas e tecnoloxías empregadas para a construcción deste tipo de sistemas.

Non se pode concebir ningún sistema web actual sen mencionar conceptos e tecnoloxías como Mashups, Ajax, CSS ou frameworks como jQuery o MooTools. Coñecer e manexar este tipo de tecnoloxías de integración permitirá a creación de aplicacións web máis atractivas.

Esta materia fai un repaso das tecnoloxías habituais para o desenvolvemento de sistemas web de gran calidade.

CURSO 2

CUADRIMESTRE 3


Deberase escoller unha das seguintes ramas:

DESEÑO E ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS E REDES
Integración de Sistemas e redes
Administración avanzada de sistemas

DIRECCIÓN DE INFORMÁTICA
Sistemas estratéxicos da información
Xestión operativa das tecnoloxías da información

DESENVOLVEMENTO DE GRANDES SISTEMAS SOFTWARE
Xestión da configuración do software
Enxeñeria de sistemas de información

Realización do Proxecto Fin de Máster.

Realización das prácticas profesionais obrigatorias en empresas.



Toda a información do plan de estudios completa e ampliada pode consultala na sección do Máster da web da E.S. de Enxeñería Informática



UN HORARIO
UNIFORME

Para que o máximo número de estudiantes ou profesionais que desexen realizar os estudos de máster poidan compatibilizalo con outras actividades que esten desenvolvendo.



CUADRIMESTRE 1 LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00 ENXEÑERÍA DO COÑECEMENTO PLANIFICACIÓN E DIRECCIÓN DE PROXECTOS SISTEMAS GRÁFICOS INTERACTIVOS SISTEMAS DE INFORMACIÓN DESEÑO E XESTIÓN AVANZADA DE REDES
18:00-19:00
19:00-20:00
20:00-20:15


CUADRIMESTRE 2 LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00 AUDITORÍA E XESTIÓN DA SEGURIDADE DIRECCIÓN E XESTIÓN DA INNOVACIÓN COMPUTACIÓN DISTRIBUÍDA E ALTAS PRESTACIÓNS SERVICIOS E SISTEMAS DE INTERNET AUDITORÍA E CERTIFICACIÓN DA CALIDADE DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN
18:00-19:00
19:00-20:00
20:00-20:15


CUADRIMESTRE 3 LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00
SISTEMAS ESTRATÉXICOS DA INFORMACIÓN - ENXEÑERÍA DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN
ADMINISTRACIÓN AVANZADA DE SISTEMAS - XESTIÓN DA CONFIGURACIÓN SOFTWARE INTEGRACIÓN DE SISTEMAS E REDES - XESTIÓN OPERATIVA DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN
18:00-19:00
19:00-20:00
20:00-20:15


AMPLIA EXPERIENCIA
ACADÉMICA E PROFESIONAL

O profesorado do Máster en Enxeñaría Informática está formado por un grupo de docentes con amplia experiencia académica, investigadora e de desenvolvemento de proxectos profesionais. Por outra banda, tamén contaremos con varios conferenciantes externos de recoñecido prestixio.

BARREIRO ALONSO, ENRIQUE

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, e Doutor Enxeñeiro en Informática pola Universidade de Vigo. Ten participado en diversos proxectos con empresas, relacionados coa implantación de sistemas de información empresarial. Colabora como experto técnico na evaluación de proxectos de I+D+i para a Agencia para la Certificación de la Innovación Española, e dende 2013 é docente internacional da Universidade EAN de Bogotá (Colombia), na que imparte a materia de Sistemas de Información Organizacional.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 368 911

CAMPOS BASTOS, CELSO

Experto na creación de contidos dixitais e a súa adaptación para distintos canles de distribución así como a creación de ferramentas 3D. É autor de distintos proxectos neste ámbito realizados en colaboración con empresas e institucións públicas como Ourense 3D, Industria Cultural Galicia-Norte de Portugal ou Sketch Arm.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 017

GÓMEZ RODRÍGUEZ, ALMA

Profesora Titular de Universidad da Universidade de Vigo. Sua traxectoria profesional comenzou como programadora na empresa SoftGal S.L empresa na que desempeñou labores de programadora, analista e xefe de proxecto durante varios anos. No referente as tareas de xestión académica, ocupou durante varios anos cargo de subdirectora e secretaria da Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI) e participou en diversos órganos colexiados tanto da Universidade de Vigo (Xunta de Goberno, Claustro, Comisiones) como do propio centro.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 008

GARCÍA LOURENÇO, ANALIA

Experta en Migración e integración de fontes de datos heteroxéneas a gran escala, sistemas de Data Warehousing e procesamento analítico, proceso de web-clickstreams e minería dos perfís de navegación. Ten levado a cabo seis proxectos neste ámbito con empresas de distintos sectores.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 013

GUEIMONDE CANTO, ANA

Doutora Europea en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo. Experta no ámbito da Xestión da Innovación e o Emprendemento. Foi Promotora e Coordinadora do Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa e Directora da Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores da Universidade de Vigo.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 368 741

GÓMEZ MEIRE, SILVANA

Experta en Redes de computadores, ten experiencia profesional como administradoras de redes LAN e é instructora Cisco CCNA.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 017

GONZÁLEZ PEÑA, DANIEL

Experto en integración de sistemas, deseño e implementación de frameworks. Colabora actualmente nun proxecto de integración de sistemas co Servicio Galego de Saúde (SERGAS). É autor do framework de desenvolvemento rápido de aplicacións AIBench.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 027

MARTÍNEZ ORGE, JOSE LUIS

Durante máis de dez anos ven levando a cabo a sua actividade docente no ámbito multimedia, deseño e programación. Actividade que compatibiliza como profesional freelance no deseño e creación web, desenvolvendo multitude de proxectos de carácter interactivo e multimedia neste medio.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 010

MÉNDEZ REBOREDO, JOSE RAMÓN

Experto en Admisnitración de Sistemas Informáticos, ten desenvolvido a súa actividade profesional en Empresa, Administración Pública e como profesional autónomo. Colabora en proxectos de mellora con empresas como Ultreia Comunicaciones ou Redegal en proxectos de mellora de filtros antispam.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 015

PÉREZ COTA, MANUEL

Experto en Planificación de Sistemas de Información e e-learning, poñente do grupo Wisdom Europeo para Planificación de Sistemas de Información; profesor invitado en varias universidades europeas e americanas para Planificación de Sistemas de Información, e-learning, HCI e e-learning; vicepresidente de AISTI (Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información), membro directivo de ADIE (Asociación para o desenrolo da Informática Educativa), e membro de AIPO, ACM e IEEE. Dirixeu máis de 100 proxectos con empresas no ámbito da Informática.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 012

RIBADAS PENA, FRANCISCO

Experiencia docente no campo da seguridade informática e da xestión de centros de datos. Colaboración en proxectos de investigación con empresas no campo da xestión documental. Experiencia no despregue de entornos de procesamento masivo de datos textuais e de aprendizaxe sobre entornos distribuidos virtualizados.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 024

RODEIRO IGLESIAS, JAVIER

Primeiro presidente da Asociación de Licenciados, Enxeñería e Doutores en Informática de Galicia. Conta con formación académica de Executive MBA (Universidad de Nebrija) e Diploma en Dirección de Proxectos Europeos. Dirixeuo varios proxectos nacionales de I+D+i con empresas españolas.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 020

RODRÍGUEZ LIÑARES, LEANDRO

Experto en programación de sistemas distribuídos e en procesamento do sinal. Ten levado a cabo numerosos proxectos de colaboración con empresas e de investigación. Na actualidade colabora nun proxecto Interconnecta coa empresa Bahía Software. É autor da plataforma de procesamento da variabilidade da frecuencia cardíaca.ghrv.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 009

RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, FRANCISCO J.

Desempeña os cargos de vocal da xunta directiva e presidente da comisión de formación do Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia (CPEIG). Ademáis é secretario do Cluster TIC de Galicia. No ámbito da traferencia do coñecemento ao sector privado ten participado e dirixido distintos proxectos nos ámbitos da sensorización intelixente, sistemas de información xeográfica e sistema de información empresarial tanto nos sectores de contidos dixitais como no ámbito da industria hortofutícula con un montante total en torno aos 800 mil euros.


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 002

REBOIRO JATO, MIGUEL

Experto en deseño e desenvolvemento de aplicacións Web e para Internet. Actualmente participa no desenvolvemento de diversas aplicacións bioinformáticas de carácter traslacional, nas que destaca o uso de aprendizaxe automático (p.ex. GeneCommittee) ou a integración de aplicacións (p.ex. ADOPS).


Ir a URLIr a URL
e-mail
teléfono988 387 027

FAQ

Tanto si estas facendo os teus estudos de grao, ou dunha licenciatura/enxeñería superior, ou si tes unha titulación anterior os plans de Bolonia, tes moitas alternativas para acadar una titulación de Máster do EEES (Espacio Europeo de Educación Superior).

De todolos xeitos, se desexas máis información non dubides en contactar con nos e axudaremoste a escoller a mellor elección para o teu caso particular.



AMOSAR/OCULTAR CASO 1: TEÑO UNHA TITULACIÓN DE GRAO · AMOSAR/OCULTAR CASO 2: TEÑO UNHA ENXEÑERÍA TÉCNICA OU DIPLOMATURA · AMOSAR/OCULTAR CASO 3: TEÑO ENXEÑERÍA SUPERIOR OU LICENCIATURA



Si eres un alumno que comenzou o rematou o curso ponte para acadar o grao partindo da enxeñería técnica ou diplomatura, recomendámoche que te poñas en contacto con nos para asesoramente o mellor posible en base as túa situación personal, xa que nalgúns casos sí que se recoñece a experiencia laboral, hay posibilidade de convalidación de asignaturas, etc. Non dubides en poñerte en contacto con nos para un mellor asesoramento.


Ver táboa de convalidacións



COORDINADOR

Alma Gómez Rodríguez
Titular de Universidade do Departamento de Informática.
Universidade de Vigo

Tlfno 647 343 110
email: coordinador.mei.esei@uvigo.es



http://master.enxeñeriainformatica.es
http://www.esei.uvigo.es/index.php?id=368
http://www.esei.uvigo.es


​​